21/5/09

Os Maios








O 20 de maio celebramos na praza de Isabel II de Ortigueira a 2ª edición da festa dos Maios. Como o ano pasado participaron todos os centros educativos e sociais da vila a Galescola, o IES, Aspromor, o Centro de Maiores e como non, o noso cole. Despois de recolectar durante varios días pétalos de flores de cor amarela, branca, vermella e rosa... chegou o gran día para esparcilas e decorar xunto cos nosos compañeiros/as unha grande alfombra floral, que finalmente quedou moi vistosa e orixinal. Realizamos para a ocasión unha flor que levamos prendida na roupa e que logo quedou adornando a praza. Houbo caramelos, música tradicional, recitaron coplas, cantamos, bailamos... ¡pasámolo en grande!

Descubrimos ós animais da Casa do Queixo





Adentrámonos no mundo do animais da granxa tomando como punto de partida a visita que fixemos o pasado mes á Casa do Queixo. Iniciamos así un pequeno proxecto, o segundo que realizamos este curso, para coñecer máis de cerca algúns dos animais que vimos alí. Para obter máis información sobre a galiña, o galo, a avestruz, o poni, o cisne, o cabalo, a vaca, o can, a ovella, o porco, a cabra, o coello... trouxemos ó cole libros, contos, dvds, xoguetes, puzzles... que tiñamos na nosa casa e así compartilos cos nosos compañeiros/as.¡Que interesante nos está resultando o tema!

18/5/09

Letras Galegas




Para conmemorar o día das Letras Galegas, o venres 15, pola mañá, fomos ver unha película de animación galega, O espíritu do bosque, ó teatro. Pola tarde, falamos sobre Ramón Piñeiro, o escritor homenaxeado, disfrutamos dunhas pezas tradicionais-Remos e Patelas, Muiñeira de Toxos e Muiñeira de Chao-, grazas a algúns dos nosos compañeiros/as, e cantamos o Himno.
Ó longo de toda a semana, a nivel de aula, tamén falamos sobre algúns aspectos importantes da vida do autor, data e lugar de nacemento, obras publicadas... e estivemos aprendendo o Himno Galego coa a axuda da nosa profe... como era bastante complicado, quedámonos cunha das partes que máis nos gustou a todos... desperta do teu sono, fogar de Breogán...

7/5/09

A nosa aportación para A Nosa Voz





Como o pasado ano quixemos colaborar na edición da revista do noso cole que se editará a finais de curso. Preparamos un pequeno traballo sobre as nosas primeiras receitas e a saída que realizamos á Casa do Queixo. Aportamos tamén unha portada a toda cor, esperando que a todos lles guste e saia elexida para esta nova edición.



Percorrimos Ortigueira



O trimestre pasado estivemos descubrindo algunhas das dependencias máis importantes de Ortigueira e para coñecelas máis de cerca organizamos unha pequena excursión pola nosa vila. Fai tempo que tiñamos planificado ir pero a chuvia non o permitiu.
Por fin, o 6 de maio, chegou o gran día, acompañados polos nenos/as de 4 anos B e a súa profe Ana visitamos a Estación de tren, a Parada de bus, o Museo Ortegalia, o Concello, a Igrexa, a Alameda e o Parque. Camiñamos e descansamos, falamos e cantamos, sacamos fotos e xogamos. Pero o mellor de todo foi merendar todos xuntos no parque e xogar cos nosos compañeiros/as. Cando chegou o momento de regresar ó cole ninguén se quería vir.
¡Ogallá as profes Ana e Rocío programen outra saída coma esta! ¡Pasámolo en grande!