10/9/09

Se ti non estás...


Aínda que fixen todo o posible para evitar que chegara este momento, o destino quixo que fósemos por camiños diferentes. Tocoume marchar de Ortigueira coa esperanza de poder volver pero hoxe comeza un novo curso e non estou aí para vervos.
Grazas Daniel, Candela, Adrián, Pablo, Ana, Zaira, Cecilia, Yeray, Julián, Nerea, Aitana, Cristian, Erika, Ángel, Ismael, Laura e Mateo por darme tanto e por permitirme facer este blog, o noso blog.
Tamén grazas a todos os meus compañeiros/as cos que compartín experiencias inolvidables e dos que aprendín a amar esta profesión.
Espero seguir sabendo de vós e compartindo desde a distancia a vosa andadura.
Sempre vos levarei comigo.

30/6/09

¡Menuda sorpresa!





Para rematar o curso as nosas profes tíñannos preparada unha sorpresa moi, pero moi especial, a representación dun conto que nos gusta moito O coelliño branco.
¿Gustaríavos saber quen era cada persoaxe? Pois mirade o coelliño branco era a profe Susi, a cabra cabresa a profe Rocío, a profe Mar era o boi, o profe Basi o can, a profe Ana o galo, a formiga rabiga era a profe Cristina e a profe Mª del Mar o trasno que narraba o conto.
¡Como nos divertimos!
Grazas profes por ser tan xeniais.

22/6/09

Grazas peques


¡Que maiores estades! Como pasa o tempo e que rápido, ¿verdade? Gustaríame retroceder para sentir os vosos primeiros momentos no cole, as vosas lágrimas, as vosas risas, a vosa ilusión, as vosas primeiras palabras...tanto por descubrir...
Grazas por ensinarme tanto, por compartir comigo as vosas inquietudes, experiencias, medos, alegrías, dúbidas, pensamentos... e sobre todo grazas por quererme e por facer que me sentise tan especial.
Ata a próxima peques.
Biquiños.
Rocío

Concerto da Escola de Música





Para despedir o curso marchamos ó teatro a disfrutar do concerto que nos tiñan preparados os alumnos/as e profes da Escola de Música da nosa vila. Foi moi especial ver algún dos nosos compañeiros/as tocando e cantando.

¡Que gusto recibir o verán con música!

Festival fin de curso





Xunto cos nosos compañeiros/as de 4 anos B preparamos para o festival un baile moi especial, o Hocky Pocky. Disfrutamos da música movendo o noso corpo(mans, pernas, nariz, cabeza, ollos...) e cantando coa axuda das nosas profes. Despois de ensaiar con ilusión durante varios días esperábamos que o festival chegase canto antes. A indumentaria para esta ocasión foi unha gorra(laranxa, vermella, azul ou branca) na que escribimos o noso nome, unha camiseta(nas mesmas cores) e un pantalón vaquero. ¿Verdade que estábamos guapos?

Festa Italiana






O 12 de xuño celebramos unha festa italiana con motivo da visita do noso amigo Marco delle Monache. Este profesor e músico italiano amenizou a celebración tocando varias pezas co seu acordeón, o Popurri das mans, o Hocky Pocky, unha muiñeira, unha tarantella, un vals,... Desde logo disfrutamos do momento bailando cos nosos compañeiros/as e profes e desgustando produtos típicos de Italia(pasta, queixo...) e como non de Galicia(chourizo, queixo...).
¡Grazas Marco!

Nova visita de Verderolo





Verderolo, o noso amigo extraterrestre visítanos de novo para falarnos sobre o aforro de auga e o rechazo ó tabaco. Nesta ocasión disfrutamos coa súa presenza facéndolle preguntas persoais como: ¿vas al cole?, ¿tienes hermanos?, ¿cómo se llaman?, ¿cuántos años tienes?... A verdade é que foi moi amable, deu resposta a cada pregunta, regalounos unhas pegatinas e conseguimos roubarlle algún bico e algunha que outra aperta.
Esperamos que se lembre de nós e que o vindeiro curso nos visite.¡Boa viaxe Verderolo!