26/2/09

Polo Nadal...







Tamén nos disfrazamos de estrelas e bailamos e cantamos 'Aquella estrella de allá' no festival que celebramos a nivel de centro. Aínda seguimos bailando e cantando a canción de vez en cando, ¡gústanos moito!.

Polo Nadal...







Decoramos a nosa aula cunha árbore coas fotos de todos os nenos/as e tamén da profe, fixemos bólas utilizando témperas e papel transparente de cores e estrelas con cartolinas metalizadas e plastilina.

O Magosto




Visitounos a castañeira e repartiunos castañas asadas a todos os nenos/as.
Para levar as castañas fixemos unhas cestas con briks e decorámolas con motivos outonais. Todos reunidos no patio pelamos e degustamos as castañas.
¡Estaban riquísimas!

22/2/09

Benvida



Aquí comeza unha nova andadura nas nosas vidas, o noso diario de aula, onde queremos amosar a nosa actividade no cole.
Cristian, Ana, Cecilia, Adrián, Candela, Pablo, Laura, Julián, Mateo, Nerea, Daniel, Aitana, Ismael, Yeray, Erika, Ángel, Zaira e a nosa mestra Rocío queremos convidarvos a disfrutar das nosas vivencias e a compartir con nós a ilusión de descubrirnos a nós mesmos e ó mundo que nos rodea.

Polo San Martiño peóns ó camiño






Para celebrar este día elaboramos un peón moi orixinal, só necesitamos dúas tapas de plástico, un pao de madeira, cinta aislante de cores e pegatinas para decorar.
Todos xuntos intentamos bailar os peóns no patio do cole e disfrutar da experiencia. ¡Foi moi divertido!