skip to main
|
skip to sidebar
27/4/09
Imos a polos 5 anos
Como o ano pasado, cada neno/a cando quere celebrar o seu cumpleanos no cole trae un biscoito para convidar ós seus compañeiro/as. O primeiro en cumplir os 5 anos foi Ángel, que naceu o 23 de abril, aquí vos amosamos alguhas fotos deste día tan especial para el.
Sería importante que lembrásedes tamén as seguintes datas para felicitar a todos os nenos/as do grupo: Ismael(21 de maio), Daniel(3 de xuño), Cristhian Yeray(20 de xuño), Candela(3 de xullo), Aitana(16 de agosto), Cristian(5 de setembro), Mateo(7 de setembro),Pablo e Adrián(17 de setembro), Cecilia(23 de setembro), Ana Beatriz(4 de outubro), Zaira( 26 de outubro), Laura(22 de novembro), Erika(30 de novembro), Nerea(3 de decembro) e Julián(9 de decembro).
¡Que maiores nos facemos!
Día do libro
O 23 de abril comemoramos o
Día do libro
decorando uns marcapáxinas moi simpáticos que se expoñerán na Biblioteca do cole. Cada neno/a despois de colorealo con ceras escribiu nel o nome dun dos contos que máis lles gusta:
Martiño, Peter Pan, Chibos, chibóns, O soño do osiño rosa...
entre outros.
17/4/09
Saída á Casa do Queixo
Tal e como tiñamos previsto o pasado xoves, 16 de abril, viaxamos xunto cos nosos compañeiros/as de 3 e 5 anos e as profes Rocío, Mª del Mar, Susi, Cristina, Ana, Mar e o profe Basi a Sobrado dos Monxes.
Durante moitos días estivemos agardando o momento de visitar a Casa do Queixo, finalmente o conseguimos.
Unha vez alí, os monitores agrupáronnos en 5 equipos(
laranxa
,
branco
,
gris
,
azul
e
amarelo
) e comenzamos así as diferentes actividades programadas. Cada equipo foi pasando, de forma rotatoria, ó longo da mañá e da tarde polos diferentes obradoiros:
a) Obradoiro do queixo: aprendimos a facer queixo fresco con leite, callo e sal.
b) Obradoiro da la: limpamos, cardamos e fiamos a la.
c) Obradoiro de reciclaxe: construimos unhas bruxas moi simpáticas con landras, garavanzos e fio.
d) Obradoiro dos xogos: cantamos e fixemos moitos xogos divertidos.
e) Obradoiro da granxa: coñecimos de cerca moitos animais: coellos, galiñas, porcos, cabras, ovellas, vacas, un cabalo, un poni, unha avestruz...
f) Obradoiro do invernadoiro: como chovía non puidemos visitar o invernadoiro pero a cambio sementamos perexil, fresas e leitugas nuns pequenos invernadoiros que nos prepararon e que nos trouxemos para o cole.
Para comer utilizamos un gran comedor con largas mesas. A verdade é que necesitábamos repoñer forzas para continuar coas actividades propostas. Coa axuda das nosas profes comimos moi a gusto todo o que os nosos pais/nais nos prepararon.
¡Foi unha experiencia moi divertida! Seguro que moitos de nós quedamos con ganas de volver.
3/4/09
A disfrutar das vacacións
Deséxovos a todos que pasedes unhas boas vacacións de Semana Santa na compaña da vosa familia e que disfrutedes destes días de descanso.
Tamén intentade repoñer forzas porque aínda nos queda moito por aprender no terceiro trimestre.
Lembrade que as clases comezan de novo o 14 de Abril e que o día 16 colleremos rumbo a Sobrado dos Monxes para visitar a Casa do Queixo.
¡Moitos bicos!
Rocío.
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
INFANTIL 4 ANOS A
Datos persoais
Nenos/as de 4 anos A(curso 2008/2009)
CEIP José María Lage, Ortigueira, A Coruña, Spain
Esperamos que vos agrade este pequeno recuncho onde amosamos as experiencias e actividades realizadas no cole.
Ver todo mi perfil
¿que hora é?
contador de visitas
contador de visitas
Webs de interese
Casa do Queixo
Portal Educativo da Xunta de Galicia
Os meus favoritos
3 anos A(2009-2010)
3 anos B(2008-2009)
3 anos B(2009-2010)
4 anos A(2009-2010)
5 anos B(2009-2010)
Psicomotricidade(2008-2009)
Seguidores
Arquivo do blog
▼
2009
(39)
►
febrero
(5)
►
marzo
(15)
▼
abril
(4)
A disfrutar das vacacións
Saída á Casa do Queixo
Día do libro
Imos a polos 5 anos
►
mayo
(5)
►
junio
(9)
►
septiembre
(1)