17/4/09

Saída á Casa do Queixo

Tal e como tiñamos previsto o pasado xoves, 16 de abril, viaxamos xunto cos nosos compañeiros/as de 3 e 5 anos e as profes Rocío, Mª del Mar, Susi, Cristina, Ana, Mar e o profe Basi a Sobrado dos Monxes.
Durante moitos días estivemos agardando o momento de visitar a Casa do Queixo, finalmente o conseguimos.
Unha vez alí, os monitores agrupáronnos en 5 equipos(laranxa, branco, gris, azul e amarelo) e comenzamos así as diferentes actividades programadas. Cada equipo foi pasando, de forma rotatoria, ó longo da mañá e da tarde polos diferentes obradoiros:
a) Obradoiro do queixo: aprendimos a facer queixo fresco con leite, callo e sal.
b) Obradoiro da la: limpamos, cardamos e fiamos a la.
c) Obradoiro de reciclaxe: construimos unhas bruxas moi simpáticas con landras, garavanzos e fio.
d) Obradoiro dos xogos: cantamos e fixemos moitos xogos divertidos.
e) Obradoiro da granxa: coñecimos de cerca moitos animais: coellos, galiñas, porcos, cabras, ovellas, vacas, un cabalo, un poni, unha avestruz...
f) Obradoiro do invernadoiro: como chovía non puidemos visitar o invernadoiro pero a cambio sementamos perexil, fresas e leitugas nuns pequenos invernadoiros que nos prepararon e que nos trouxemos para o cole.
Para comer utilizamos un gran comedor con largas mesas. A verdade é que necesitábamos repoñer forzas para continuar coas actividades propostas. Coa axuda das nosas profes comimos moi a gusto todo o que os nosos pais/nais nos prepararon.
¡Foi unha experiencia moi divertida! Seguro que moitos de nós quedamos con ganas de volver.

1 comentario:

Pais de Erika. dijo...

Dar un percorrido por esta páxina resultounos moi gratificante. É un reflexo dun traballo super-super organizado, feito con moito cariño é moitas horas de dedicación, tanto dentro como fora da xornada laboral.

A clase é preciosa e ¡cánta vida hai nela!. Quedámonos embobados mirando as súas cariñas de felicidade e entusiasmo polo que viven ahí. ¡Qué máis podemos dexesar os pais!.

Os nenos vense ledos por aprender e disfrutar o mesmo tempo. Valoramos moito o traballo e a dedicación da nosa mestra (mestra tamén para nós), porque miles de detalles fana especial.

¡Nunca pensei que uns nenos tan pequenos puidesen aprender tanto!.

Lémbrome dunha frase que lin nun libro que me prestou un día, que máis ou menos dicía: "quen non entende a mirada dun neno non entende nada". Decirlle a Rocío que ela o consegue cos seus nenos.

GRAZAS POR TODO.