Como o pasado ano quixemos colaborar na edición da revista do noso cole que se editará a finais de curso. Preparamos un pequeno traballo sobre as nosas primeiras receitas e a saída que realizamos á Casa do Queixo. Aportamos tamén unha portada a toda cor, esperando que a todos lles guste e saia elexida para esta nova edición.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
Mira ti por donde...eu buscando receitas por internet e dou coas vosas...nada o proximo día que te pases por Cuiña brochetas de froita de postre!!
Bikos e apertas da prima Pame
Para Rocio: Os que somos pais sabemos o difícil que e educar os fillos e o tempo que lle hai que adicar para levalos polo bo camiño así que como nai, síntome moi orgullosa da labor que facedes no colexio e é moi de agradecer que os pais que non poden acercarse o centro teñan un portal aberto para coñecer o que fan os seus fillos, e ben, como madriña sintome moi orgullosa do involucrada que estás na tu labor como educadora, e do cariño que ano tras ano lle colles os pequenos que tes o teu cargo, e estou segura que lles ensinaras a conseguir o que se propoñan con esforzo e sacrificio como ti o fiches....porque non fai as cousas que pode, se non quen quere...e querendo todo se consegue
Un biko e unha aperta da tia Carmen, a tua madriña
Unha vez máis, e tendo en conta a importancia que xoga o DESTINO nas nosas vidas. En Outubro do 2006 nomeáronme para o curso 06-07 Orientadora no CEIP José Mª Lage. Cruzáronse os nosos destinos, e foi así como aprendín o que é ter "VOCACIÓN POLA TÚA PROFESIÓN",da man dunha mestra como Rocío.
Espero facer unha descripción que esté a súa altura, de como realmente é a mestra Rocío:
Unha mestra que naceu con esta vocación.
Incansable no seu traballo.
Moi,moi,moi... perfeccionista.
Que disfruta cada día máis coa súa profesión.
Unha mestra que sabe da súa profesión, é que transmite o que sabe con moita sabiduría e humildade.
É por último, e non por iso menos importante, que dende o 1º día que aterricei neste colexio, me prestou a súa axuda, sempre que a precisei, sen esperar nada a cambio.
Posto que está a piques de rematar o curso escolar, e é máis que probable que a nosa andadura profesional no vindeiro curso transcurra por sendeiros diferentes, só che quería dicir profe Rocío: MOITAS GRAZAS, DE TODO CORAZÓN.
Un ata logo, pois sei que sempre vas ocupar un pedaciño do meu corazón. Bicos.
Publicar un comentario