5/6/09

Gústanos coidar as plantas




O curso pasado iniciamos a experiencia de adentrarnos no mundo das plantas, vendo como crecen, como se cuidan, que precisan para vivir... Poidemos experimentar como a partir dunha lentella, faba ou garabanzo saía unha planta e onde poidemos ver, en fases diferentes, como lle saía a raiz, o talo, as follas...
Este curso o experimento partiu dunha folla ou rama dunha planta que os nenos/as trouxeron da súa casa. Metímolas en auga durante uns días esperando a que lles sairan as raices, para logo podelas plantar en terra e regalas.
Tódolos días ó chegar o cole gústanos mirar para as nosas plantas, para comprobar se creceron, e unha vez por semana comprobamos se necesitan auga.

No hay comentarios: