5/6/09

Descubrimos ós animais da Casa do Queixo




Hoxe tocounos degustar un produto que nos proporciona un dos animais da granxa, o queixo de ovella. Antes de comezar coa degustación entre todos intentamos responder a unha pregunta que nos fixo a nosa profe, aquí están os nosos comentarios:

¿Que nos proporcionan os animais da granxa?

- NEREA: QUEIXO.
- ADRIÁN: LECHE.
- CANDELA: HUEVOS.
- LAURA: LECHE.
- DANIEL: QUESO DE OVEJA, TAMBIÉN QUESO DE CABRA Y LECHE.
- ISMAEL: QUEIXO.
- PABLO: LAS OVEJAS NOS DAN QUESO DE OVEJA Y LOS SEÑORES LOS PONEN EN UNA BOLSA Y LO LLEVAN AL GADIS.
- ÁNGEL: LAS OVELLAS DAN QUEIXO.
- CECILIA: LAS SEÑORAS RECOGEN LANA DE LAS OVEJAS Y TAMBIÉN NOS DAN CARNE LOS ANIMALES Y TAMBIÉN QUESO.
- DANIEL: LANA DE OVEJA, TAMBIÉN EL CERDO NOS DA CARNE, TAMBIÉN LAS GALLINAS NOS DAN HUEVOS.
- ANA: LA VACA LECHE, LA OVEJA TAMBIÉN.
- YERAY: QUEIXO.
- LAURA: LA CABRA NOS DA LECHE.
- CRISTIAN: QUEIXO.
- ZAIRA: LECHE.
- CECILIA: LOS AVESTRUCES PONEN HUEVOS Y TAMBIÉN LOS PATOS. TAMBIÉN DAN LECHE ALGUNOS ANIMALES DE LA GRANJA.
- ERIKA: ….

¡Por certo, o queixo estaba riquísimo!

Gústanos coidar as plantas




O curso pasado iniciamos a experiencia de adentrarnos no mundo das plantas, vendo como crecen, como se cuidan, que precisan para vivir... Poidemos experimentar como a partir dunha lentella, faba ou garabanzo saía unha planta e onde poidemos ver, en fases diferentes, como lle saía a raiz, o talo, as follas...
Este curso o experimento partiu dunha folla ou rama dunha planta que os nenos/as trouxeron da súa casa. Metímolas en auga durante uns días esperando a que lles sairan as raices, para logo podelas plantar en terra e regalas.
Tódolos días ó chegar o cole gústanos mirar para as nosas plantas, para comprobar se creceron, e unha vez por semana comprobamos se necesitan auga.

Os nosos refráns e adiviñas

Despois de traballar a fondo cos contos e as receitas nos trimestres pasados, decidimos adentrarnos, neste último tramo de curso, nun novo tipo de texto, os refráns e as adiviñas. Cada neno/a, coa axuda dos pais/nais, trouxo ó cole as adiviñas e refráns que coñecían na súa casa. Fixemos unha recopilación dos textos, xogamos a adiviñar, debuxamos as solucións, intentamos averiguar palabras nos refráns incompletos... pero quixemos por en práctica o nosa creatividade e inventamos algunha adiviña como esta:
SOY CUADRADITO
SOY BLANQUITO
SI ME PINTAS
SIEMPRE ESTOY BONITO
(CANDELA)
TENGO PELO
ALREDEDOR DE LA CARA
TENGO GARRAS AFILADAS
(DANIEL)
ECHO FUEGO POR LA BOCA
TENGO DOS ALAS
Y TENGO UNA COLA
(ANGEL)
SOY AMARILLO
ESTOY EN EL CIELO
(ADRIÁN)
TENGO DOS PATAS
SOY MUY BLANQUITO
Y SALTO MUCHO
DANDO BRINCOS
(CECILIA)

¿Que vos parece? Non está nada mal, ¿verdade?

21/5/09

Os Maios








O 20 de maio celebramos na praza de Isabel II de Ortigueira a 2ª edición da festa dos Maios. Como o ano pasado participaron todos os centros educativos e sociais da vila a Galescola, o IES, Aspromor, o Centro de Maiores e como non, o noso cole. Despois de recolectar durante varios días pétalos de flores de cor amarela, branca, vermella e rosa... chegou o gran día para esparcilas e decorar xunto cos nosos compañeiros/as unha grande alfombra floral, que finalmente quedou moi vistosa e orixinal. Realizamos para a ocasión unha flor que levamos prendida na roupa e que logo quedou adornando a praza. Houbo caramelos, música tradicional, recitaron coplas, cantamos, bailamos... ¡pasámolo en grande!

Descubrimos ós animais da Casa do Queixo





Adentrámonos no mundo do animais da granxa tomando como punto de partida a visita que fixemos o pasado mes á Casa do Queixo. Iniciamos así un pequeno proxecto, o segundo que realizamos este curso, para coñecer máis de cerca algúns dos animais que vimos alí. Para obter máis información sobre a galiña, o galo, a avestruz, o poni, o cisne, o cabalo, a vaca, o can, a ovella, o porco, a cabra, o coello... trouxemos ó cole libros, contos, dvds, xoguetes, puzzles... que tiñamos na nosa casa e así compartilos cos nosos compañeiros/as.¡Que interesante nos está resultando o tema!

18/5/09

Letras Galegas




Para conmemorar o día das Letras Galegas, o venres 15, pola mañá, fomos ver unha película de animación galega, O espíritu do bosque, ó teatro. Pola tarde, falamos sobre Ramón Piñeiro, o escritor homenaxeado, disfrutamos dunhas pezas tradicionais-Remos e Patelas, Muiñeira de Toxos e Muiñeira de Chao-, grazas a algúns dos nosos compañeiros/as, e cantamos o Himno.
Ó longo de toda a semana, a nivel de aula, tamén falamos sobre algúns aspectos importantes da vida do autor, data e lugar de nacemento, obras publicadas... e estivemos aprendendo o Himno Galego coa a axuda da nosa profe... como era bastante complicado, quedámonos cunha das partes que máis nos gustou a todos... desperta do teu sono, fogar de Breogán...

7/5/09

A nosa aportación para A Nosa Voz





Como o pasado ano quixemos colaborar na edición da revista do noso cole que se editará a finais de curso. Preparamos un pequeno traballo sobre as nosas primeiras receitas e a saída que realizamos á Casa do Queixo. Aportamos tamén unha portada a toda cor, esperando que a todos lles guste e saia elexida para esta nova edición.