7/3/09

Coñecemos a Verderolo


O día 5 de marzo cando entramos no cole notamos que os compañeiros/as de 5 anos estaban un pouco nerviosos pero axiña nos explicaron que era porque ía visitalos Verderolo, un extraterrestre que se comunicaba con eles desde outro planeta. A verdade que non podíamos crer tal cousa, pero quixemos compartir con eles a experiencia e descubrir como era Vederolo.

Na biblioteca observamos a aquel estraño pero agradable persoaxe de cor verde, cabeza redonda, ollos grandes e traxe brillante e escoitamos a súa voz cando respondía ás preguntas que os nenos/as lle facían. Nunca nos imaxinamos ver tan de cerca a un extraterrestre.¡Foi incrible!


1 comentario:

Anónimo dijo...

Verderolo??? Pq non me preguntaches q marcianos coñezo moitos jajajajajaja.
Moi chulo todo, xa entendo pq non nos vemos nunca. Traballas demasiado.
Estou segura de q os teus alumnos estan a aprender moito de forma moi divertida. É FANTÁSTICO

Bicos, Aida