18/3/09

Visita a nosa aula




Chegou o momento de presentarvos o noso lugar común, o noso espazo para a aprendizaxe, a convivencia, a diversión,...
A nosa aula está dividida en diferentes zonas e recunchos. Temos unha zona para a asemblea diaria(tódolos días o encargado coa axuda dos seus compañeiros/as amósanos cantos estamos e cantos faltan, o día da semana, número, mes, ano, estación, tempo atmosférico... tamén é o momento de compartir e contar as nosas vivencias, intercambiar ideas e saudar ó pato Zapato para descubrir o que esconde na súa caixa...) e unha zona para as mesas de traballo. Conta, ademáis, con catro recunchos para o xogo libre, os recunchos da Biblioteca, do Xogo, do Artista e das Construcións.
Para organizar mellor a nosas rutinas diarias agrupámonos por equipos, un total de catro, formados por catro ou cinco nenos/as. O equipo da flor, o equipo da man, o equipo do corazón e o equipo da mazá. De cada quince días aproximadamente cambiamos de equipo para interactuar con todos os nosos compañeiros/as.
¡Esperamos que vos guste!

2 comentarios:

Cris dijo...

Para os nenos e nenas de 4 anos A:
Encantoume adentrarme no voso
espazo, no espazo no que día a día, da man da vosa profe Rocío, vos ides facendo grandes, moi pero que moi grandes.
Noraboa á profe Rocío que é unha traballadora nata.

kardelan dijo...

gracias por compartir este característica fotografica ya he mandado mas uno para mis familiares de el otro lado... gracias Rocio