27/3/09

As nosas merendas




Tódolos días, antes de sair ó patio a xogar, dedicamos un tempo para a merenda. O encargado do día reparte os manteis, lavamos as mans e collemos as mochilas para merendar. Despois de comer, volvemos a lavar as mans e limpamos a mesa e o mantel.

Cada día da semana ten asignada unha merenda diferente: luns(bocata), martes(froita), mércores(galletas ou palitos), xoves(bocata) e venres(froita).

Pretendemos, deste xeito, variar as comidas e introducir novos alimentos na alimentación diaria dos nenos/as. Ademáis, adquirimos hábitos de hixiene e limpeza, e autonomía na realizacion de cada tarefa.

Adentrámonos nas novas tecnoloxías




Coa axuda da nosa profe Mar adentrámonos no mundo das TICs. Un día á semana, os mércores pola mañá, visitamos a sala de ordenadores ou a aula da pizarra interactiva. Coñecemos persoaxes fantásticas, aprendemos a xogar co ordenador e a disfrutar con novas actividades.
¡É moi divertido!

As miñas primeiras receitas










Esta vez inventamos a nosa propia receita utilizando os seguintes ingredientes: biscoito, marmeladas de fresa, melocotón e cirola, virutas de chocolate e confeti multicolor.

1º Untamos os anacos de biscoito con marmelada(cada neno/a botou a que máis lle gustaba e incluso mezclaron sabores).
2º Para facer o prato máis vistoso, decorárono con virutas de chocolate e confeti multicolor.
3º Saboreárono.
4º Tiveron que inventar un nome para esta nova receita.

24/3/09

Grazas polos vosos comentarios


Quixera darvos as grazas a todos aqueles/as que facedes algún comentario no noso blog. É moi gratificante e enriquecedor saber que compartides con nós un pouco do voso tempo e que disfrutades coas nosas experiencias.

Seguiremos traballando para mantervos informados e para animarvos a vós e a todos/as os que nos visitan a continuar facendo moitos, moitiiiiiiiisimos comentarios.

Lembrade que tamén podedes acceder, no apartado de Os meus favoritos, ós blogs dos nosos compañeiros/as de Infantil.

¡GRAZAS!

18/3/09

Saída á Casa do Queixo


O vindeiro 16 de abril, despois da Semana Santa, visitaremos a Casa do Queixo en Sobrado dos Monxes.
Nuns días mandaremos as autorizacións e a información necesaria para que saibades o que os nenos/as van a facer nesta saída. Se queredes saber algún dato máis sobre o lugar que imos visitar, neste blog tedes un enlace, no apartado adicado ás webs de interese.

As miñas primeiras receitas






















Preparamos o nosa terceira receita que a diferencia das anteriores non tiña nome. Despois de adiviñar os ingredientes(pan de molde, xamón cocido, queixo de untar, olivas, millo, cogumelos e cenoria raida) a través dunha fotografía do prato, os nenos/as inventaron posibles nomes para o mesmo. Cada un escolleu despois o que máis lle gustou.

Este bocata con cara recibiu o nome de Luba, Serpentina, Grito, Maicito, Papa, Pepo, Estrellita, Payasín, Tigrilla e Pajarito.

Despois de bautizalo e elaboralo, poidemos saborealo, ¡estaba riquísimo!.

Semana da Prensa















A semana do 9 ó 13 de marzo estivo adicada á prensa. O xoves desa semana adicámolo a manipular e observar diferentes xornais La voz de Ortigueira, La voz de Galicia, El País... Cada neno/a elixiu unha nova, logo recortamos a fotografía, pegámola e escribímoslle un novo titular. ¡Fomos periodistas por un día!

Visita a nosa aula




Chegou o momento de presentarvos o noso lugar común, o noso espazo para a aprendizaxe, a convivencia, a diversión,...
A nosa aula está dividida en diferentes zonas e recunchos. Temos unha zona para a asemblea diaria(tódolos días o encargado coa axuda dos seus compañeiros/as amósanos cantos estamos e cantos faltan, o día da semana, número, mes, ano, estación, tempo atmosférico... tamén é o momento de compartir e contar as nosas vivencias, intercambiar ideas e saudar ó pato Zapato para descubrir o que esconde na súa caixa...) e unha zona para as mesas de traballo. Conta, ademáis, con catro recunchos para o xogo libre, os recunchos da Biblioteca, do Xogo, do Artista e das Construcións.
Para organizar mellor a nosas rutinas diarias agrupámonos por equipos, un total de catro, formados por catro ou cinco nenos/as. O equipo da flor, o equipo da man, o equipo do corazón e o equipo da mazá. De cada quince días aproximadamente cambiamos de equipo para interactuar con todos os nosos compañeiros/as.
¡Esperamos que vos guste!

7/3/09

A nosa mascota




Queremos que coñezades ó Pato Zapato, a nosa mascota... Desde que chegamos ó cole, o curso pasado, o noso amigo acompáñanos diariamente nas nosas vivencias escolares. Na asemblea diaria saudámolo e dentro da súa caixa tráenos infinidade de obxectos, contos, tarxetas, películas, agasallos... Quere axudarnos a coñecer o mundo a través da nosa imaxinación e fantasía. ¡Grazas, Pato Zapato!

Coñecemos a Verderolo


O día 5 de marzo cando entramos no cole notamos que os compañeiros/as de 5 anos estaban un pouco nerviosos pero axiña nos explicaron que era porque ía visitalos Verderolo, un extraterrestre que se comunicaba con eles desde outro planeta. A verdade que non podíamos crer tal cousa, pero quixemos compartir con eles a experiencia e descubrir como era Vederolo.

Na biblioteca observamos a aquel estraño pero agradable persoaxe de cor verde, cabeza redonda, ollos grandes e traxe brillante e escoitamos a súa voz cando respondía ás preguntas que os nenos/as lle facían. Nunca nos imaxinamos ver tan de cerca a un extraterrestre.¡Foi incrible!


As miñas primeiras receitas
















Continuamos cociñando e preparamos o noso segundo prato Pinchos de melón con xamón. Con anaquiños de melón, unhas tiras de xamón e un pouco de iogur natural preparamos uns pinchos sinxelos e saborosos.

Disfrazámonos
















Despois de moitas semanas de traballo, por fin chegou o día 20 de febreiro para amosar á todo o mundo o noso disfraz. As Damas e os Cabaleiros da Idade Media percorreron a vila de Ortigueira xunto con civilizacións de diferentes épocas(Vikingos, Exipcios, Romanos, Piratas, Indios e Prehistóricos). Foi un día moi especial, cheo de ilusión e diversión.

Polo Entroido...





Visitounos o Meco e cada día da semana foinos dando diferentes ordes, cada unha delas completaba ás anteriores: luns(en cada pé un calzado diferente), martes(unha prenda de vestir do revés), mércores(unha gorra, un sombreiro ou pano na cabeza) e xoves(un boneco ou boneca colgada). Este foi o resultado...

1/3/09

As miñas primeiras receitas
















Adentrámonos no mundo da cociña diferenciando as partes dunha receita(título, ingredientes, preparación...), observando e manipulando diferentes libros, revistas, fichas... de cociña e logo poñéndonos a elaborar o noso primeiro prato Brochetas de froita.
Preparamos e cortamos os ingredientes(mazás, peras, uvas e mandarinas), distribuímolos nas mesas en pratos e logo introducimos na brocheta diferentes anacos de froita. Cando cada neno/a tivo a súas brochetas montadas no prato espolvoreámolas con chocolate, ¡estaban deliciosas!
¡Menuda experiencia!