27/4/09

Imos a polos 5 anos





Como o ano pasado, cada neno/a cando quere celebrar o seu cumpleanos no cole trae un biscoito para convidar ós seus compañeiro/as. O primeiro en cumplir os 5 anos foi Ángel, que naceu o 23 de abril, aquí vos amosamos alguhas fotos deste día tan especial para el.
Sería importante que lembrásedes tamén as seguintes datas para felicitar a todos os nenos/as do grupo: Ismael(21 de maio), Daniel(3 de xuño), Cristhian Yeray(20 de xuño), Candela(3 de xullo), Aitana(16 de agosto), Cristian(5 de setembro), Mateo(7 de setembro),Pablo e Adrián(17 de setembro), Cecilia(23 de setembro), Ana Beatriz(4 de outubro), Zaira( 26 de outubro), Laura(22 de novembro), Erika(30 de novembro), Nerea(3 de decembro) e Julián(9 de decembro).
¡Que maiores nos facemos!

Día do libro


O 23 de abril comemoramos o Día do libro decorando uns marcapáxinas moi simpáticos que se expoñerán na Biblioteca do cole. Cada neno/a despois de colorealo con ceras escribiu nel o nome dun dos contos que máis lles gusta: Martiño, Peter Pan, Chibos, chibóns, O soño do osiño rosa... entre outros.

17/4/09

Saída á Casa do Queixo

Tal e como tiñamos previsto o pasado xoves, 16 de abril, viaxamos xunto cos nosos compañeiros/as de 3 e 5 anos e as profes Rocío, Mª del Mar, Susi, Cristina, Ana, Mar e o profe Basi a Sobrado dos Monxes.
Durante moitos días estivemos agardando o momento de visitar a Casa do Queixo, finalmente o conseguimos.
Unha vez alí, os monitores agrupáronnos en 5 equipos(laranxa, branco, gris, azul e amarelo) e comenzamos así as diferentes actividades programadas. Cada equipo foi pasando, de forma rotatoria, ó longo da mañá e da tarde polos diferentes obradoiros:
a) Obradoiro do queixo: aprendimos a facer queixo fresco con leite, callo e sal.
b) Obradoiro da la: limpamos, cardamos e fiamos a la.
c) Obradoiro de reciclaxe: construimos unhas bruxas moi simpáticas con landras, garavanzos e fio.
d) Obradoiro dos xogos: cantamos e fixemos moitos xogos divertidos.
e) Obradoiro da granxa: coñecimos de cerca moitos animais: coellos, galiñas, porcos, cabras, ovellas, vacas, un cabalo, un poni, unha avestruz...
f) Obradoiro do invernadoiro: como chovía non puidemos visitar o invernadoiro pero a cambio sementamos perexil, fresas e leitugas nuns pequenos invernadoiros que nos prepararon e que nos trouxemos para o cole.
Para comer utilizamos un gran comedor con largas mesas. A verdade é que necesitábamos repoñer forzas para continuar coas actividades propostas. Coa axuda das nosas profes comimos moi a gusto todo o que os nosos pais/nais nos prepararon.
¡Foi unha experiencia moi divertida! Seguro que moitos de nós quedamos con ganas de volver.

3/4/09

A disfrutar das vacacións


Deséxovos a todos que pasedes unhas boas vacacións de Semana Santa na compaña da vosa familia e que disfrutedes destes días de descanso.
Tamén intentade repoñer forzas porque aínda nos queda moito por aprender no terceiro trimestre.
Lembrade que as clases comezan de novo o 14 de Abril e que o día 16 colleremos rumbo a Sobrado dos Monxes para visitar a Casa do Queixo.
¡Moitos bicos!
Rocío.